ángel paz


Angel Acuna Paz é un guitarrista e compositor nado en Pontevedra en 1988. 

No 2010 remata os seus estudos en Estudio (Escola de música), de Santiago de Compostela, onde consegue ser o primeiro alumno en obter o Diploma Profesional en Rock e Música Moderna. Tamén obtén a diplomatura en Maxisterio Musical na Universidade de Santiago de Compostela (2009) e a licenciatura en Historia e Ciencias da Música na Universidade de La Rioja (2011). En setembro de 2011 ingresa na prestixiosa universidade Berklee College of Music, onde se gradúa summa cum laude en Professional Music (2013).

Como guitarrista formou parte de diversos grupos e espectáculos: Freylekhs, Nueve8seis, Xaa Trio…

En febreiro de 2014 pasa a formar parte como guitarra solista do musical de Broadway Rock of Ages coa compañía NCL e do show de baile Burn the Floor.



LPs:

Ángel Paz-Demo

(2009)