O marco:

Sonche filla de solteira.

Quedei con todo o que miña nai tiña.

Herdei a casa, o ghalpón, maila eira.

Tiña unha leira estendida coa viña,

unhas pedras nos extremos,

esa xa era da miña veciña.

Pouquiño a pouco iría medrando

polo camiño ata o poste da viña.

O que cada día quería loghraba, 

convertir as cuncas en ferrados.

Saía de noite, miraba, asexaba,

que non me vira mover os marcos. 

E movendo a pedra e aghachando a man

un marco cambiaba e a eira medraba,

sumáballe a terra da miña veciña,

cambiáballe a pedra, que ninguén me vira.

Movialle o marco da eira prá finca.

ghanáballe a terra que non era miña

unindo o camiño do poste da viña.

A miña veciña está toleando,

foi buscar os papeis do catastro.

Veu cun perito, cun avoghado

e coa súa nora que coida o reparto.

Fixo unha escena de Foise co vento

e coa man "enseñaba" un sacho.

"A Diós pongho por testigho

te fendo la cona en cien mil pedazos".

O que cada día quería loghraba, 

convertir as cuncas en ferrados.

Saía de noite, miraba, asexaba,

que non me vira mover os marcos. 

E movendo a pedra e aghachando a man

un marco cambiaba e a eira medraba,

sumáballe a terra da miña veciña,

cambiáballe a pedra, que ninguén me vira.

Movialle o marco da eira prá finca.

ghanáballe a terra que non era miña

unindo o camiño do poste da viña.

Álbum: Convertindo cuncas en ferrados

Tema: 1

Ano: 2016