brañas folk


Brañas Folk nace en Ourense no ano 2002, un proxecto musical creado por Manuel Brañas despois da súa andaina coa célebre agrupación Arco da Vella, partícipe, xunto aos grandes nomes da música galega, do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.

Manuel Brañas comeza o seu labor no estudo da construción de instrumentos populares no Obradoiro da Deputación de Lugo e, ao mesmo tempo, instrúese no seu manexo. Posteriormente desempeña unha función docente como director da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, compaxinando este traballo coa construción de instrumentos no obradoiro deste organismo, do que na actualidade é o seu director.

Membros: Manuel Brañas (gaita, arpa, wistle, zanfona); Ana Rodríguez Dosouto (voz); José Antonio Blanco (guitarra); Olga Brañas (teclados, piano, pandeireta e pandeiro); Aser Álvarez (percusión e batería); Leonardo Blanco (violín), Isidro García(acordeón) e Eduardo Balvís (baixo).



LPs:

Camiñante

(2008)

Alalá do Cebreiro (2009)

Danza das Burgas (2014)