acadacanto


aCadaCanto é o proxecto que deu en xuntar a catro grandes da música galega (Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) despois de ter coincidido entre eles en varios proxectos. Participaron en Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza… Guillerme e Xabier son membros de Berrogüetto, grupo no que anteriormente cantaba Guadi; Xabier contou con Xosé Lois e con Guillerme no seu "Músicas de Salitre"; Guadi e Guillerme son Espido, e Xabier e Guillerme publicaron xuntos "Arrolos de Salitre". En aCadaCanto conflúen todos os traballos anteriores no seu primeiro proxecto común. 



aCadaCanto

(2012)

A Rosa d´Adina

(2013)



Cancións e letras:

Teu nome por mar e terra

Coplas de estrelas

Vexo

Aló


Mar maior dos namorados

Este meu camiño

Lúa

Como chove miudiño


Dous meses

Cantiga nº 24

Laranxa