Teu nome por mar e terra:

 

Quero cravar o teu nome 

cunha navalla de lúa 

nos outos muros da noite.

 

Nun pano cor de limón 

pon o teu nome e no mar 

ízao no mastro maior.

 

Vou escribilo na area 

có tinteiro de alborada 

pra que o vexan as sereas.

 

Se o teu nome naufragase 

ían saber a vainilla 

as augas dos sete mares.

 

Con branco fío de seda 

vouno bordar na bandeira 

dunha nao que sae pra Cuba.

 

Pra Cuba non meu amor 

quero que vaia o meu nome 

 

prá illa de Curaçao.

Álbum: aCadaCanto

Tema: 1

Ano: 2012