Carmiña, Carmela:

 

Ó son da miña gaitiña

as nenas hei de levare,

e as tontiñas sonche elas

que se deixan engañare.

 

Has bailar comigo, 

Carmiña, Carmela,

con zapato baixo

e media de seda.

con media de seda

e media calada,

has bailar, Carmiña,

miña namorada. (Bis)

  

Os zapatos piden medias,

as medias piden zapatos,

e as rapaciñas de agora

piden rapaciños guapos.

 

Has bailar comigo, 

Carmiña, Carmela,

con zapato baixo

e media de seda.

con media de seda

e media calada,

has bailar, Carmiña,

miña namorada.

 

Aí che vai meu corazón,

se o queres matar ben podes,

pero como ti vas dentro

tamén se ti o matas morres.

 

Has bailar comigo,

Carmiña, Carmela,

con zapato baixo

e media de seda.

con media de seda

e media calada,

has bailar, Carmiña,

miña namorada. 


Álbum: Falemos galego

Tema: 4

Ano: 1979