A proa no ceo:

 

No mar vivindo estou

sembrado a familia

non pode haber mais soedade

no mundo.

 

Mais de mil millas separan

un tempo que non quer voltar

soio te preocuparas

cando hai que virar.

 

O mar arremete outra vez

doblega as nosas forzas

un paso en falso con el

e podenos levar.

 

A proa no ceo

e guia dun vello Cormoran

que en pouco tempo

comenza a voar.

 

Quen poidera ser asi

ceibe no vento

quen fora coma ti

voando no ceo azul.

 

Noites sen durmir

o sono vence un pouco mais

querme levar da qui

paciente ei de resistir.


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 12

Ano: 2000