Longa noite de pedra:

 

O teito

é de pedra.

De pedra son

os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas, as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas, son de pedra.

Os corazós

dos homes

que ao lonxe

espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa

noite

de pedra. (bis)


Álbum: Longa noite de pedra

Tema: 5

Ano: 2005