Amigo cubano:

 

Benvido, amigo cubano

á terra dos teus avós

aínda que non naciches nela

ti es seu dono coma nós.

 

Algúns dos que nos visitan

nunca estiveron aquí

porque o Comandante Castro

non lles deixaba sair.

 

Cubanos da nosa terra

cando veñas a Galicia

aquí tes a túa casa, 

ven pra ela meu irmán.

Non che faltará ó meu lado

un anaquiño de pan.

 

E aínda que veñas en wojaica

traxe branco  nin bastón,

agardámoste os galegos

a abrímosche o corazón.

 

Algúns dos que nos visitan

nunca estiveron aquí

porque o señor Comandante

non lles deixaba sair.

 

Cubanos da nosa terra

cando veñas a Galicia

aquí tes a túa casa, 

ven pra ela meu irmán.

Non che faltará ó meu lado

un anaquiño de pan.


Álbum: Sen seu amor

Ano:: 2012