borja cao trío


Borja Cao é un pianista, compositor, docente e líder de grupo Borja Cao Trío, de Ourense, asociado á escena jazzística. É un artista que atrae especialmente aos que gocen coa vertente máis clásica, elegante e swingueante do jazz, aos interesados polo formato trío na súa versión máis austera, aos que aprecien a sinxeleza. A súa formación musical comezou aos sete anos, grazas aos ensinos do seu pai, pero continuou a súa aprendizaxe con Martín Millán e, posteriormente, no Conservatorio de Santiago, coa profesora Mariña Shamakian. e perfeccionou os seus estudos coa profesora Purificación Igrexas e, no ámbito jazzístico e de música moderna con Alfonso Medela. Pasou a ser profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Tamén dá clases de solfexo, pedagoxía musical e música de cámara. No que respecta á súa faceta como intérprete, formou parte de formacións como Club Dado-Dadá, Casino dá Toxa ou Club Cleopatra.

Membros: Borja Cao (piano), .Juan Cañada (contrabaixo) e Max Gómez (batería).



LPs:

Match-ball

(2009)

The furure is green (2011)

Live

(2012)

Dreams

(2014)