Maio longo:

 

Cando antre as naves tristes e frías de alto mural,

cal elas fría, cal elas triste,

ó ser da tarde vou a rezar,

que pensamentos locos e estraños

á miña mente veñen e van.

 

Xordo silencio que eu xa coñezo,

que é meu amigo de anos atrás,

pero que é cheo de outras lembranzas,

pero onde o esprito parece que escoita un eco mortal.

 

Raiña nos ámbitos da gran basílica,

con misteriosa serenidade.

Incertas sombras, raios tembrosos, cabo do altar,

pousan, vaguean, foxen i agrándanse de adiante p'atrás.

 

De prata e ouro, contempra inmóbil

con ollos fixos canto alí está.

Quen fora pedra, quen fora santo

dos que alí hai.

 

Maio longo, maio longo,

todo cuberto de rosas.

 

Para algúns telas de morte,

para outros telas de vodas. (Bis)

 

Maio longo, maio longo,

fuches curto para min.

 

Veu contigo a miña dicha,

volveu contigo a fuxir. (Bis)

 

Como San Pedro, nas mans as chaves,

co dedo en alto como San Xoan,

unhas tras outras xeracións viran pasar,

sin medo á vida, que dá tormentos,

sen medo á morte, que espanto dá.

 

Logo se acaba da vida a triste

a peregrinaxe. (Bis)

 

Os homes pasan, tal como pasa nube de vran.

e as pedras quedan... e cando eu morra, ti, Catredal.

Ti, parda mole, pesada e triste,

cando eu non sea, ti inda serás.

 

I as pedras quedan... e cando eu morra, ti, Catredal (Bis)

 

Maio longo, maio longo,

todo cuberto de rosas.

 

Para algúns telas de morte,

para outros telas de vodas. (Bis)

 

Maio longo, Maio longo,

fuches curto para min.

 

Veu contigo a miña dicha,

volveu contigo a fuxir. (Bis)


Álbum: Longa noite de pedra

Tema: 6

Ano: 2005