Si vas ó Brasil:

 

Eu teño unha pena metida no fondo do meu corazón

que hai xente galega que non falan a lingua dos nosos avós.

Eu vou polo mundo cantando na lingua que sempre falei,

pra min é un orgullo falar esta fala coa que me criei.

 

Si vas ó Brasil ou a Portugal

verás unha xente que ten case case o teu mesmo falar.

Si vas ó Brasil ou a Portugal

verás meu amigo que grande e fermoso é o noso falar,

 verás meu amigo que grande e fermoso é o noso falar.

 

Eu faloe en galego e canto en galego pois galega son

e saime da ialma esta lingua querida do meu corazón.

Eu vou polo mundo cantando na lingua que sempre falei,

pra min é un orgullo falar esta fala coa que me criei. 

 

Si vas ó Brasil ou a Portugal

verás unha xente que ten case case o teu mesmo falar.

Si vas ó Brasil ou a Portugal

verás meu amigo que grande e fermoso é o noso falar,

 verás meu amigo que grande e fermoso é o noso falar.

 verás meu amigo que grande e fermoso é o noso falar.

 

Álbum: Eu amo Galicia

Tema: 6

Ano: 1982