brigan


Brigan nace no 2009 do encontro de tres músicos da rexión suritaliana de Campania, unidos polo interese e a paixón pola música tradicional dos pobos da área céltica.
O seu disco debut “Irish Roots” (2010) estaba dedicado integramente á música da arpista irlandesa T. O’Carolan. No 2011, coa publicación do segundo disco "Ti sfondo i bodrhàn - tradizione e contaminazione”, nace e desenvólvese a idea de emprender un novo proxecto: fusionar a sonoridade e as rítmicas da música celta e da música tradicional do sur de Italia.
O traballo de investigación e estudo dos repertorios tradicionais da meirande parte da área celta (Bretaña, Irlanda, Galicia e Asturias) consolídase coa publicación en 2014 do seu terceiro álbum “Transumanza Sonora”.
Os numerosos concertos e estancias en España e Portugal están a levar a Brigan a dedicarse enteiramente á aprendizaxe e revisión dos repertorios tradicionais da área íbero-celta, a través da investigación de campo, intercambios e colaboracións con músicos locais. Tamén están a estudar os múltiples instrumentos e linguaxes tradicionais con varios expertos en folclore, en especial co etnomusicólogo, investigador e construtor de instrumentos antigos Pablo Carpintero.
Brigan colaboran actualmente con diversos músicos italianos e estranxeiros entre os que se atopan Harry.C (Milladoiro), Ramón Rodríguez Gomez (ex-Coetus), Massimo Ferrante, Giovanni Saviello, Xulio Lorenzo, entre outros. Gañaron a primeira edición do "Universo Folk – Concurso Internacional de Folk Ciudad de Oviedo" (Asturias) no 2013



LPs:

Transumanza Sonora (2014)