Ai non:

 

Ai non, baixo o luar tras esta lúa 

paseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu, 

hoxe hai brétema e a city ten un ceo de seu, miro ao ceo, 

a xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección 

seguindo cadanseu senlleiro 

levando aqui dende o solpor 

espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa 

ninguén descansa, aquí todo segue esperto 

cando esperta a alborada agora cada vez mais perto 

isto convértese no meu leito, 

e repito por séptima vez, non teño flow 

o que teño é xeito 

palpítame este peito 

asexando á ría que me veu nacer, todo semella tan perfeito 

voo entre xoaniñas 

e sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña.

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee 

pérdemonos entre a densidadeee 

son momentos de non esquecer 

ven, déixate caer mentres non chega o mencer 

 

E lo? xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe? 

achache unha mensaxe escrita noutra identidade 

abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas 

que aboian no roxo atmosférico con claridade 

hai persoas a mancheas, 

rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas 

e ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo 

o mesmo sitio coa misma esencia de seu 

monumentos que semellan de papel 

somos máis do que pintamos, é que temos un aquel... 

que, aaaaaai os locais aspiran fume 

mentres luces da cidade xa semellan vagalumes 

e que hai cousas que non teñen traducción 

hai xeitos de falar que din millor o que sentimos 

sacando a máis sincera expresión 

se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos 

 

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee 

pérdemonos entre a densidadeee 

son momentos de non esquecer 

ven, déixate caer mentres non chega o mencer

Álbum: Jugando

Tema: 8

Ano: 2009