E isto é o amor:

 

Da túa mao direita à miña mao esquerda

tendemos un tendal de roupa de todas as cores entre nós

e isto é o amor.

 

Erguemos os braços e coa roupa ao vento

vamos camiñar, secar a roupa ao sol

e isto é o amor.

 

Entre fábricas valeiras, dentes de león

e prados con bubelas asobiamos esta cançón

e isto é o amor.

 

E no tendal levamos calcetís,

camisolas e cuecas violetas

e o teu sustén e a miña camisa negra

e isto é o amor.

 

E a xente olla pra nós e pensa que é un soño

e pensa "isto é amor" e isto é o amor.


Álbum: E isto é amor

Tema: 5

Ano: 2016