Aquilino:

 

Aquilino da Balbina

un tipo con moito aquel

alá por onde se movía

todos eran a farra del.

 

O seu almorzo diario

era chena de valíño

catro chopos de aghardiente

e dúas cuncas de viño.

 

O home que non fuma nin bebe viño

o demo o leva por outro camiño

O home que non fuma nin bebe viño

lévallo demo por outro camiño.

 

Co  aquelo de aquelar 

que se mete nun burato,

quixo aquela e aquelou

e quedou aquel a un lado.

 

Ese aquilino...

 

Cando viña do xornal

paraba na de Abelardo

con unha cunca con ghotas

que non veña furado.

 

Polas festas do patrón

xa bailaba escaghallado

e co baile e os chiquitos

non daba recuperado.

 

O home que non fuma nin bebe viño

o demo o leva por outro camiño

O home que non fuma nin bebe viño

lévallo demo por outro camiño.

 

Co  aquelo de aquelar 

que se mete nun burato,

quixo aquela e aquelou

e quedou aquel a un lado.


Álbum: Estomballada

Tema: 4

Ano: 2008