barahúnda


Barahúnda formouse en 1998 en Madrid, cidade da que son orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo, elegante, sinxelo, orixinal e recoñecible.
No 2002 presentaron o primeiro disco, “Al sol de la hierba” (Sonifolk, 2002). No 2006, o segundo, “Una hora en la ventana” (Musikarte, 2007.
Entre estes traballos as cancións de Barahúnda foron incluídas en recompilatorios como “Bágoas negras” xunto a Eliseo Parra, Berrogüeto, Amancio Prada... No 2010 trasladámonos a Galiza e, aos poucos, foron fraguándose as cancións que forman parte de “Múdanse os ventos” (2015), o terceiro traballo de Barahúnda que fora presentado no Auditorio de Rianxo, na Casa das Crechas de Compostela e na Sala Galileo (Madrid).
Membros: Helena de Alfonso (voz, composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras, composicións)



LPs:

Al sol de la hierba (2002)

Una hora en la ventana (2006)

Múdanse os ventos (2015)