buxeiro


Buxeiro é un proxecto aberto e ecléctico liderado por Álvaro Trillo, un músico freelance que pode ser visto a miúdo acompañando na batería a diferentes grupos e artistas do panorama musical galego (Ataque Escampe, Dios Ke Te Crew, Xoán Curiel, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo) e que estudou música en varios centros do territorio como Estudio Escola de Música en Santiago, o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra ou o Conservatorio Superior de Jazz de A Coruña.
Este proxecto, Buxeiro, é un intento de tender pontes entres sensibilidades, a través dun enfoque persoal da música, cheo de contrastes e equilibrio. 

Na actualidade está realizando a xira de presentación do seu primeiro traballo, “de buxo” (Inquedanzas Sonoras, 2016), gravado como parte do premio Galicia Creativa na sección de Jazz, concedido pola SGAE.



LPs:

De buxo

(2016)