Brath é un grupo galego de folk fundado en 1980. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo, dunha forma similar á outros grupos do momento como Taranis. Unha das características que marcaron a súa personalidade nos comezos foi a inclusión dun baixo eléctrico e unha batería, elementos pouco frecuentes por aquel entón. O seu debut discográfico foi co disco Kalailia no ano 1982.
Membros: A súa primeira formación estivo composta por Xesús Álvarez (acordeón e teclados), Manuel Botana "Lito" (baixo), Eloi Caldeiro (batería e percusión), Xan Carballal (violinista), Xosén Antón García (gaita e frautas) e Pedro Prósper (guitarra e laúde).
LPs:
Kalaikia
(1982)
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1988)
Milenio celta
(1988)
Oceana
(2002)
Nunca máis
(2002)
Tronantes sonfolk (2003)
Ladrón de reliquias (2004)
