brais morán


Brais Morán leva case 20 anos de traxectoria profesional no mundo da escena musical compoñendo e editando cancións como cantante e guitarrista.
Despois de ter actuado en varios lugares de Galiza, Portugal e nalgunhas cidades do Estado, ten pasado por televisión, traballado no teatro, e vén sendo un dos referentes da música galega desta última década.
Ademáis de ser coñecido como vocalista e guitarrista da referente banda de funk Loretta Martin, o artista dá un paso adiante para iniciar a súa carreira en solitario presentándose co nome de Brais Morán e así edita o seu primeiro traballo discográfico, “Cruzando o eclipse” (2015). O artista fai que voltemos ver e escoitar unha grande parte do seu repertorio, incluíndo novas cancións propias cheas de diferentes estilos que pasan polo funk, soul, rock, samba e ritmos fusión que o influencian e que levan marcando toda a súa traxectoria. 



LPs:

Cruzando o eclipse (2015)