Campión internacional:

 

Quero saír a xogar,

teño un novo palán,

unha guillarda de buxo

e sorte na man.

 

Quero verte, quero aire,

espazo para imaxinar.

Un estadio cheo de xente

para ver a marca mundial.

 

Son o campión internaciona,

eh,eh,eh,eh,eh

son o campión do mundo mundial.

eh,eh,eheh,eh, si... (bis)

 

Veño sendo o rei do altino,

chapas teño a mancheas.

Promete non enfadarte

aínda comigo perdas.

 

Quero saír a xogar,

facer amigos no parque

xogando ao piomo ou as chapas,

xogando co teu á chave.

 

Son o campión internaciona,

eh,eh,eh,eh,eh

son o campión do mundo mundial.

eh,eh,eheh,eh, si... (x4)


Álbum: A Gramola Gominola

Tema: 3

Ano: 2015