Que che dean:

 

O día que me diseche:

xa non te aturo, marcho daquí.

que te coma unha alma en pena 

polos camiños chorando por ti.

Xa vai alá máis dun ano,

pasou o tempo

e xa non te quero,

nin quero volver a verte,

teño mellor "suerte",

que che vaia ben.

 

Adeus meu "corasón", 

que che "den", que che "den" por aí.

Nunca me soubeches dar

nin un chisco do que eu din por min.

 

Verás pola miña porta,

has de ver sete ou oito

perghoando por min.

para bailar, ir de festa en festa,

beber "servesa" ou licor café.

Estou feita unha pepereta,

hoxe doeme a "cabesa"

e non quero saír.

Que ca mañá xeitosa 

iremos con rosas,

todas para ti.

 

(Adeus meu "corasón", 

que che "den", que che "den" por aí.

Nunca me soubeches dar

nin un chisco do que eu din por min.) x3

 

Que che "den", pero ben.

Álbum: Convertindo cuncas en ferrados

Tema: 6

Ano: 2016