O ventiño namorouse:

 

O ventiño namorouse

da rosa dunha roseira.

Lévolla roseira á Rosa

estiven hoxe con ela.

 

O melro no amañecer

canta, canta.

Ai, ruliña conqueriu

unha á no vento,

branca rosiña.

 

Por namorarse do ventiño

a rosiña roseira

deixou outra noiva

á ponla dun piñeiro

dando queixas.

 

Ai, ruada,

ladroa foi do meu vento,

rosiña branca.

 

O ventiño namorouse

da rosa dunha roseira.

Lévolla roseira á Rosa

que o vento fuxiu con ela.

 

O trouveiro reiseñor

anda á cantar

 

Ai, ruliña

ten amores co vento,

branca rosiña.


Álbum: Fronteira de cegoñas 

Tema: 3

Ano: 2003