Pandeirada:

 

Hoxe na vila temos a feira,

tódolos mozos buscan compañeira,

veñen facendo á súa maneira,

baila rapaza que ti eres solteira.

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

Pásase o tempo, non teño diñeiro,

todo deixeino bebendo ribeiro,

vai ter que ser que me fíe o tendeiro,

hoxe só quero escoitar o pandeiro.

Miña rapaza está namorada,

moza non deixes de pandeirar

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

 

Aínda vén xente polo camiño,

vanse sumando a bailar cos veciños,

as rapaciñas levan o viño,

vanlle ofrecendo o seu son ós veciños.

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

Fuxen do mundo as miñas peniñas

cando se move miña rapaciña

e o amoriño que ela me tiña

vaise facendo como a vida miña.

Miña rapaza está namorada,

moza non deixes de pandeirar.

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

 

O tren vai andando pasiño a pasiño

pra San Antón xa temos camiño

e que xeitoso foise o corpiño

seica tamén bailaba o meniño.

 

Hoxe na vila temos a feira

tódolos mozos buscan compañeira

veñen facendo á súa maneira

baila rapaza que ti eres solteira

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

Pásase o tempo, non teño diñeiro

todo deixeino bebendo ribeiro

vai ter que ser que me fíe o tendeiro

hoxe só quero escoitar o pandeiro.

Miña rapaza está namorada,

moza non deixes de pandeirar.

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

 

Aínda vén xente polo camiño

vanse sumando a bailar cos veciños

as rapaciñas levan o viño

vanlle ofrecendo o seu son ós veciños

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

Fuxen do mundo as miñas peniñas

cando se move miña rapaciña

e o amoriño que ela me tiña

vaise facendo como a vida miña.

Miña rapaza está namorada,

moza non deixes de pandeirar.

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

 

O tren vai andando pasiño a pasiño

pra San Antón xa temos camiño

e que xeitoso foise o corpiño

seica tamén bailaba o meniño.

 

Pra que non sofras máis de soidade

pra que non teñas máis de saudade

 

Hoxe na vila temos a feira

tódolos mozos bucan compañeira

veñen facendo á súa maneira

baila rapaza que ti eres solteira

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

 

Pra que non sofras máis de soidade,

pra que non teñas máis de saudade.

 

Hoxe na vila temos a feira

tódolos mozos bucan compañeira

veñen facendo á súa maneira

baila rapaza que ti eres solteira

Brazos ó vento, meu pensamento

e que non deixes de pandeirar.

 

 

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)


Álbum: ¡Pum!

Tema: 9

Ano: 1971


Single: Andrés do Barro-Pandeirada

Cara: A

Ano: 1971