Avec moito love:

 

Trompetas!

Se en contra de estar en contra,

en contra da contra estás,

en CAGLI te han axudar,

en CAGLI te axudarán.

Que as contras que están en contra

non están ben "asentás",

se en contra de estar en contra,

en contra da contra estás.

Que algo vai mal, CAGLI!;

que a cadela é can, CAGLI!;

que algo non vai ben, CAGLI!;

que fas ti co meu?!

Se se impón outra opinión,

a túa é sempre mellor.

En CAGLI terás consolo

no medio da gran dolor.

Calquera suposición

en "Cartas ao director".

Se se impón outra opinión,

a túa sempre é mellor.

 

Se tes falta de ignorancia

e orneas con elegancia

en CAGLI con abundancia,

en CAGLI abundante has ser.

Que hai clases de estupidez

e burros con elegancia

se tes falta de ignorancia

e orneas con moita gracia.

Quen vos dixo tal?, CAGLI!,

madía vos levou!, CAGLI!

A cada un o seu, CAGLI!,

di o que roubou.

Se a liberdade defendes

dos libertinos a eito

en CAGLI libre te sintas

pero lonxe deste xeito.

Se tanto amades o alleo

sodes libres de marchar.

Se a liberdade defendes,

es ben libre, vaite xa.

Tanto che me ten, CAGLI!

Que burriño estás!, CAGLI!

Tanto che me ten, CAGLI!

Afiliate xa!

 

Pobriños os pobres pobres

que inxusta xustiza fan,

habémolos educar

en CAGLI con moito amor.

Non saben os pobres parias

que con Franco era mellor,

pobriños os pobres pobres

con Franco vivían mellor.

Vai soprar a luz, CAGLI!,

que te poden ver, CAGLI!

Vai soprar a luz, CAGLI!,

aghachate ben.

(Veña, veña, que se acaba!)

Ímonos!


Álbum: Terra

Tema: 6

Ano: 1992


Álbum: 17 cancións de troula

Tema: 9

Ano: 2006