Alalá das mariñas:
Teño unha casiña branca
na Mariña entros loureiros,
teño amores, teño barca
e estou vivindo no ceo.
Ailalelo, ailalelo.
Ailalelo, ailalalo.
E adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro
Ailalelo, ailalelo.
Ailalelo, ailalalo. (bis)