bellónmaceiras dúo


BellónMaceiras Dúo naceu no 2005. O seu profundo coñecemento da música tradicional galega, xunto coas súas inquedanzas artísticas e o seu gusto polas músicas doutros países, fixeron que desde o principio este dúo fusionase sen medo ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo desde Galicia.
O seu primeiro traballo discográfico, "Unión das Terras", foi o premio que gañaron no Teatro Principal de Santiago de Compostela en marzo do 2006. 
No 2007 convidaron a tres músicos a formar parte de BellónMaceiras Quinteto (contrabaixo, batería e guitarra). Esta é, sen dúbida, a característica que mellor define a banda: a fusión de estilos sen complexos e o virtuosismo dos seus compoñentes. "Folkfusión", o disco presentado no 2010 polo quinteto, é definido coma unha nova maneira de entender as músicas do mundo desde Galicia.
O disco "Live au Cornouaille", publicado no verán do 2010, é a gravación do concerto do 60º aniversario do Bagad Kemper 

Membros: Daniel Bellón (gaiteiro)     Diego Maceiras (acordeón)



LPs:

Unión das terras (2006)

Live au Cornouaille (2010)

Live in Moscow (2011)

Ten

(2015)