Vamos bebendo:

 

Teño tres pitas brancas

e un galo negro

que han de poñer bos ovos

andando o tempo.

I hei de vendelos caros

polo xaneiro.

I hei de xunta-los cartos

para un mantelo.

I heino de levar posto

no casamento.

I hei...  (bis)

 

Pois mira, Marica

vai por un neto.

Que antramentas non quitas

eses cerellos.

I as pitas van medrando

co galo negro

para poñe-los ovos.

E todo aquelo

do xaneiro, dos cartos

I o casamento.

Miña prenda da ialma

¡Vamos bebendo!

Miña prenda da ialma

¡Vamos bebendo!

Miña prenda da ialma

¡Vamos bebendo!.


Álbum: Rosas a Rosalía

Tema: 9

Ano: 1997