Andrés Lapique do Barro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias das súas cancións cantadas en galego foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Foi o sexto dos sete fillos de Nicolás Lapique, coronel da Armada Española, e Consuelo do Barro. Pasaba os veráns en San Martiño de Porto (Cabanas), onde entrou en contacto coa lingua galega.
Discografía:
Letras e cancións:
