Casoiro:

 

Casou don Godello

con doña Mencía

e van pola casa

polo val das viñas.

 

Daquela xuntanza

foron de padriños

a rica "viura"

e o rico cariño.

 

Como ó baile

foi a millor parexa

o mozo merendao

e a mociña fresca.

 

A nena garmecha

púxose vermella

porque o Wencellao 

fíxolle unha festa.

 

Con esa nena tola

que dificil feira,

e zoando a voz

foi de brincadeira.

 

A nai da rapaza,

María Ozoña,

polo viñareido

andaba chorosa.

 

Casou don Godello

con doña Mencía

e van pola casa

polo val das viñas.

 

Daquela xuntanza

foron de padriños

a rica "viura"

e o rico cariño. (bis)


Álbum: Fronteira de cegoñas 

Tema: 7

Ano: 2003