Abril de lume e ferro:

 

É xa tempo de ergue-la liberdade,

de saír deste noxo e deste abismo

pra poñer en outo a dignidade,

a ira, a rebelión o inconformismo.

 

É tempo preciso para ensalzar

e enterrar dunha vez a tiranía,

e erguer a nosa fe como un cantar

para traguer a pureza e a alegría.

 

É o tempo do combate, do clamor,

da afirmación enteira máis valí.

É o tempo do incendio no asador

baixo este ceo purísimo de abril.

 

É tempo de ofrenda-la propia vida,

de vestir uniforme de soldado.

É tempo de ir coa frente erguida

pra facer un mañá esperanzado.

 

Abril fixo xurdir rosas vermellas,

toxos, sarnas e estirpos vevidores.

É tempo de gadañas e rellas

e seiturar a traición ós traidortes.

 

Galicia dende agora chama a César,

un agromar de mapoulas aflori,

unha fouce xigante, unha promesa,

unha vontade absoluta de porvir.

 

Galicia é o empeño máis fermoso,

o pulo trascendente máis cabal.

Envidia, alvivo, virxe e poderoso,

unha desperta conciencia comunal.

 

Este tempo de loita de xenreira

en tempo de semente e de colleita.

O tempo de que a gloria primaveira

pra levantar a terra tan maltreita.


Álbum: Na Señardade

Tema: 9

Ano: 2016