batemento


Batemento é unha agrupación que deseña un novo concepto musical en Galicia, fusionando diversos estilos musicais actuais como o chill- out, dance, pop e transo con instrumentos tradicionais como a gaita galega, whistle, frauta barroca ou a uillean pipe dixital, mesturando todo coa máis avanzada tecnoloxía de vangarda. Os seus temas transmiten todo tipo de sensacións, xa non só musicais, senón emocionais. É dicir, cada unha das cancións está composta partindo das vivencias persoais de cada un dos compoñentes coa idea de transmitirlla ao oínte.

Membros: Aitor Domínguez, Cristian Vázquez e Carlos Mariño



LPs:

Overture

(2015)