anodhor


AnodhoR nace en 2013 da man de dous amigos, Jota e Tin que, tras deixar atrás os seus anteriores grupos, deciden combinar os seus estilos creando así un xénero un tanto peculiar fusionando folk con death metal. A eles úneselles Bruno e comezan unha etapa de gran inestabilidade na que, pese a realizar algún concerto e recibir algún premio local, a banda centrarase en buscar músicos que se sintan identificados con este estilo minoritario.

Comeza así, en 2016, un rexurdir que continuará con concertos xunto con bandas internacionais e coa publicación do seu primeiro traballo en decembro, “Break the Silence”.

Membros:  Juan Carlos “Jota” Hernández (voz); Bruno Cerviño (whistle); Martín “Tin” González (violín); Saúl Castro (guitarra); Sergio Area (guitarra); Alba Santiago (baixo) e Jacky Steel (batería).



LPs:

Break the Silence

(2016)



Cancións e letras:

Filloas de Breogán