A dama e o cabaleiro:

 

A dama que ía no branco cabalo 

levaba un pano de seda bordado, 

Na verde fror 

as letras van de amor! 

 

O cabaleiro do cabalo negro 

levaba unha fita colléndolle o pelo. 

Na verde fror 

as letras van de amor! 

 

No medio do río cambiaron as vistas, 

el para o pano e ela prá fita. 

Na verde fror 

as letras van de amor! 

 

As vistas lles virón no río cambiar 

e o pano e a fita por se namorar. 

Na verde fror 

as letras van de amor: 

Con amor vivirás !


Álbum: 3 poetas en el círculo

Tema: 1

Ano 1998