A Caneca:

 

Aora zumba na caneca, 

aora na caneca zumba. 

No diabo da caneca, 

toda a noite catrapumba. 

Se che preghuntan quen es, 

responde sen cobardía. 

Eu sonche de Sarandón, 

e ando de romaría. 

 

ESTRIBILLO 

 

Aldea de Sarandón, 

aldea que todo ten. 

Boas mazáns, boas peras, 

boas mociñas tamén. 

 

ESTRIBILLO

 

No medio de San Miguel, 

hai un carballo das mentiras. 

Onde se xuntan as nenas, 

pra ghobernar moitas vidas. 

 

ESTRIBILLO 

 

Inda vaias e non volvas, 

desaparecido seas. 

Pola noite as pernas tronces, 

pola mañá cegho veñas. 

 

 

ESTRIBILLO

 

 

 

Álbum: Maise

Tema: 7

Ano: 2013