María Dolores Casanova González, coñecida como Ana Kiro, nada na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942 e finada en Mera (Oleiros) o 24 de setembro de 2010, foi unha cantante galega.
A carreira de Ana Kiro iníciase en Barcelona, dentro da colectividade galega. Casada moi nova, tamén moi nova se separa e ten que sacar adiante a economía familiar e mais unha filla. Proba sorte co mundo da canción, que ata daquela fora só unha afección, e colleita un moderado éxito ata que ficha pola discográfica Belter. Fai entón xiras con cantantes de música lixeira como José Guardiola, participa en distintos concursos da canción e logo traballa como vocalista nun programa de Televisión Española, Galas del sábado, presentado por Joaquín Prat e Laura Valenzuela.
LPs:
Habelas hainas! (1991)
Toda unha vida (1998)
Nadal e cousas galegas (1985)
Sinxelos:
Letras e música:
