Como chove miudiño:

 

Como chove miudiño

Como miudiño chove

Como chove miudiño

Pola banda de Laíño

Pola banda de Lestrove

 

Misteriosa regadeira

Fino orballo no chan pousa

Con feitiña curvadeira

Remollando na ribeira

Frol por frol, chousa por chousa

 

Semellando leve gasa

Que sotil o vento move

En frotantes ondas pasa

Refrescando canto abrasa

O que o sol ardente crobe

 

¡Que inchadiña branca vela

Antre os millos corre soa

Misteriosa pura estrela!

Dille o vento en torno dela

Palomiña, ¡voa!, ¡voa!

 

Como chove miudiño

Como miudiño chove

Como chove miudiño

Pola banda de Laíño

Pola banda de Lestrove

 

¡Como chove miudiño

Polas veigas de campaña!

¡Cal se enxugan de camiño

Os herbales de laíño!

¡Como a ponte en sol se baña!

 

Os que son nela nacidos

Os que son dela mimados

Lonxe dela están doridos

Porque van de amor feridos

Por quen fono amamantados

 

Polos fillos a nai tira

Xorda, triste, plañideira

Xeme, chora, e mais sospira

E non para, hastra que os mira

Ben chegar por derradeira

 

¡Probe nai, canto te quero!

¡Nai tamén, ¡ai!, da nai miña!

O teu chan de amor prefiero

A canto hai grande ou severo

En toda a terra xuntiña

 

¿Como non si ora estou vendo

Nun paisax de prata e rosas

Canto a vida foi querendo

Cos meus ollos remexendo

Memoriñas cariñosas?

Como chove miudiño

Como miudiño chove

Como chove miudiño

Pola banda de Laíño

Pola banda de Lestrove

 

¡Como chove miudiño

Polas veigas de campaña!

¡Cal se enxugan de camiño

Os herbales de Laíño!

 

¡Como a ponte en sol se baña!


Álbum: Rosas a Rosalía

Tema: 5

Ano: 1997