A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño, sendo unha das agrupacións máis antigas adicadas ó folclore galego. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.
A comezos do século XX, un grupo de xente unido a compoñentes do Orfeón La Artística e do Orfeón Valverde de Santiago de Compostela deciden formar un coro baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León e a dirección dun novísimo Bernardo del Río. O nome elixido sería o de Coro Queixumes dos Pinos. Non sería ata 1920 cando se lograría formar novamente un grupo cos superviventes da epidemia gripal de 1918..
LPs:
Canciones y Gaitas Gallegas
Agrupación folklórica Cantigas e Agarimos
Cantigas e Agarimos (1964)
Cantigas e Agarimos (1964)
Gaita Gallega
(1964)
Canciones Gallegas (1964)
Canciones Gallegas (1964)
Canciones y bailes de Galicia (1966)
Gaita Gallega
(1975)
Cantigas e Agarimos (1977)
Coro Cantigas e Agarimos (1992)
Sinxelos:
A Virxe de Guadalupe(1971)