cabodano


A idea de formar Cabodano xurdiu en 2012 entre un grupo de amigos provenientes doutros grupos con diferentes estilos (rock, thrash), pero non é ata o 2014 cando se establece unha formación sólida do grupo, aínda que o seu debut oficial foi en 2015, dando os seus primeiros concertos.
A finais dese ano, un dos seus membros vese obrigado a deixar a banda por motivos persoais, e o grupo ten que deixar de lado os concertos e a súa idea de entrar en estudio.
Logo de varios intentos con diferentes músicos, nos que se chegou a gravar un single dun tema propio, “Odio”, non é ata mediados de 2016 coa incorporación de Santi cando o grupo volve a normalidade, retomando os ensaios e debutando con esta nova formación en 2017.