Xosé Manuel Budiño é un artista atípico, un músico co seu Sotaque, (Acento), un compositor que esperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música
na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos.
Ten publicado 6 traballos discográficos, “Paralaia”, “Arredor”, “Zume de Terra”, “Home”, “Volta” e máis este último, “Sotaque”. As súas creacións e os seus espectáculos en directo, son
recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO levou as súas composicións por todo o planeta, a cidades como Shanghai,
Damasco, Beirut, Casablanca, Tánger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá ou México D.F. poden dar boa conta diso.
“Sotaque” é o novo traballo discográfico de Budiño. Foi gravado no seu estudio Ardora e mesturado e masterizado nos estudios Atlântico Blue Studios de Lisboa. Este traballo de composición propia
reflicte a pegada da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co “acento” característico, co seu “Sotaque”.
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen o labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO máis unha peza tradicional, chea de
sutileza e vitalidade.
Os amigos convidados ao “Sotaque” de BUDIÑO: Antonio Zambujo, Luis Tosar, Os Cantareiros de O Fiadeiro e Michael McGoldrick.
LPs:
Paralaia
(1997)
Arredor
(2000)
Zume de Terra
(2004)
Home
(2007)
Volta
(2010)
Sotaque
(2013)
Paralaia 20 Aniversario (2016)