Boyanka Kostova é unha banda de rap/trap de Santiago de Compostela e a primeira en facer este estilo en galego.
Dous meses despois, a súa primeira maqueta con dous temas estaría dispoñible para descarga gratuíta na rede e, a partir de aí, comezan a dar concertos. A finais de 2016, Boyanka Kostova tocaría
nas principais cidades de Galicia: Pontevedra (Liceo Mutante), Ourense (El Pueblo Café Cultural), Lugo (Mercado Street Food), Vigo (La Fábrica de Chocolate, MasterClub) ... xunto con outros
artistas do talle de Diola, Pálida ou PedroLaDroga. En novembro dese mesmo ano, a banda pasa a formar parte do selo discográfico La Melona (Santiago de Compostela) e colabora asiduamente con
Discos de Arena (Ourense); en 2017 salirá á venta a súa primera edición física da man destes dous selos.
Membros: Cibrán García AKA $aibran Gx2 (voz) e O Chicho do Funk (produtor).
Maqueta:
Boyanka Kostova (2016)
Sinxelo:
Maflekow
(2016)