Blues do País é un dúo que transforma temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas. Isto é o que levan xa un tempo a facer por escenarios de todo o país.
Eles amosan que é posible facer blues no idioma do país. Extraer o soul dos cultivos de millo, como se fixo en tempos pasados nos campos de algodón no outro lado do charco.
“A idea xurdiu polo paralelismo que atopamos entre Galicia e a súa idiosincrasía, a súa morriña e retranqueo, co feelin’ blue de Mississippi e Lousiana”, explica Iseo Agilda, que se embarcou co seu compañeiro de Sacha na Horta na aventura de “darlle un golpe de retranca a eses acordes bluseiros”
Membros: Pepe King e Bieitta James
LPs:
Bateas no Mississippi (2014)
Caseto Sessions (2015)
Ruta 120
(2016)