banda baile asalto


Banda Baile Asalto é un grupo pontevedrés nado en xuño de 2011 con motivo da súa participación no Vl Festival Folk de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de conseguir a interacción co público. Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta. Un proxecto froito das inquietudes de seis músicos de diferentes estilos, na busca dunha linguaxe "única". Ademais dun profundo coñecemento sobre a música tradicional galega.
Membros: Javier Rabanal (Baixo eléctrico), Franc Gorriz (Batería e percusións), Sarunas Pupelis (Saxo barítono e alto), Samuel Macía (Bouzouki e voz), Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica e saxo soprano), Miguel Fraguas (Gaitas e percusións).



LPs:

Banda Baile Asalto (2013)