ataque escampe


As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Arrástranse dende 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: "Galicia es una mierda" (2008), "A grande evasión" (2009), "Violentos anos dez" (2011), "Noites de agosto con Ataque Escampe" (2012) ou "O disco vermello" (2014), entre outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onde vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.



LPs en galego:

Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos 

(2007)

Galicia es una mierda

(2008)

Galicia es una

fiesta

(2009)

A grande

evasión

(2009)

Violentos anos

dez

(2011)


Noites de agosto con Ataque Escampe

(2012)

 

O disco

vermello

(2014)

B.S.O. Relatos americanos

(2015)

Primeiros

bicos

(2017)



Sinxelos:

Papá borracho (2016)