O Home que quiso vivir:
O vento díxome cousas
que non atopo nos libros
resoaba a súa voz no mundo
igual que un soño perdido.
(E) O mar buscaba unha aperta
buscaba un peito ou un niño
e non atopaba nada, nada
senón penedos espidos.
Recordo que era Nadal
e eu bebía moito viño
estabamos todos xuntos
os anxos meus, os amigos.
E nós calados, fumando
bebendo, mirando fixos
por se chegaba algún día
un forasteiro ou escrito.
Que nos dixese que existe
máis alá de todo un brilo
un sol que non ten solpores
nin vacas tristes, nin grilos.
Recordo que era Nadal
e eu bebía moito viño
estabamos todos xuntos
os anxos meus, os amigos.
Estabamos todos xuntos
no meu silencio metidos
querendo que nos chegara
algo estrano, de outro signo.
Que nos sacara cal gando
e nos mostrar o camiño
para pacer herba nova
e choutar noutros eixidos
Recordo que era Nadal
e eu bebía moito viño
estabamos todos xuntos
os anxos meus, os amigos.
Álbum: Longa noite de pedra
Tema: 4
Ano: 2005