Nación:

 

Unha flor, un amor, unha alborada,

unha fonte, un río, unha praia,

unha estrela, un camiño, unha ialma,

 

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

A maneira de busca-lo noso pan,

unha forma de bailar no noso chan,

muiñeiras, alalás ou foliadas,

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

Un viñedo, un carballo, unha gaita,

a morriña espallada polo mundo,

a muller que na casa está emigrada,

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

Castiñeiros, carballeiras, romerías,

eirexados, mosteiros, gandeirías,

rebordelas, corredoiras embruxadas,

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

O mareiro vento desta costa,

o batir das olas en Fisterra,

un ardente corazón que sinte e cala,

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

A maneira de busca-lo noso pan,

unha forma de bailar no noso chan,

muiñeiras, alalás ou foliadas,

unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

Unha Terra, un Pobo e unha Fala...

 

Unha Terra, un Pobo e unha Fala!


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 5

Ano: 2000