Muller:

 

Muller fartura de loita

que che hei de dicir muller-e

si ti es como a terra nosa

e a terra coma ti é,

e a terra coma ti é,

Aielelo, aielala.

 

Deixeivos entrambas xoias

anque convosco eu quedei,

valeira quedou a terra

ti sementada abofé.

valeira quedou a terra

ti sementada abofé.

 

I o vento dicia

pronto hei volver!,

pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)

 

Ai muller cantas noitiñas

te deitaches coa tristura

e o vento frio traia

as novas dos que marmuran,

as novas dos que marmuran.

Aielelo, aielala.

 

I o vento dicia

pronto hei volver!,

pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)

 

Ti és o milagre da terra

e, a terra é un milagre teu

mistura de mel e cerna

de fera e de anxo do ceo.

 

Pariches de pé o fillo,

como fan no mente as bestas.

E hoxe que volto vencido,

para que eu venza ti te deitas.

 

"O voltar, qué che hei dicir?!

Maldito o día e a hora

en que te deixei aquí

pra percurar vida fóra!

O inverno da emigración

roubóunos a primavera,

quén eu era, xa non son,

e ti non es a que eras!

Xa poden os leiros dar

colleitas ben abondosas,

poden en Madrí falar

con palabras ben fermosas,

que nunca nos han de pagar

a nosa fame de outrora!"

 

I o vento dicia

pronto hei volver!,

pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 6

Ano: 2000