Meu amor é mariñeiro:

 

Meu amor é mariñeiro

e vive no alto mar;

son os seus brazos o vento

ninguén llos pode amarrar.

 

Meu amor é mariñeiro

e cando me ven falar

pon un carabel nos beizos

no corazón un cantar.

 

Eu son libre como as aves

e paso a vida a cantar;

corazón que nace libre,

non se pode encadear.

 

 

"Traio un navío nas veas

eu nacín pra mariñar;

quen tente porme cadeas

háme primeiro matar!

Vale máis ser libre un día

no confín do bravo mar,

que vivir toda a vida,

preso, escravo e a calar!"

 

El vive alá lonxe, lonxe,

onde loa o bravo mar,

e coa súa forza inmorrente

onda nós ha de voltar!

 

Eu son libre como as aves

e paso a vida a cantar;

corazón que nace libre,

non se pode encadear.

 

 

"Polas rúas das ciudades

hei de pasar a cantar,

traguendo na mau direita

a espada da libertá.

Como se un navío entrase

de supeto, na ciudá,

traguendo a voar no mástil

bandeiras de libertá!"

 

Nun momento, de repente,

eu sei que un día virá,

como se o mar e o vento,

en nós abrise a cantar.

 

Hei pasar polos lugares

como o vento no areal.

Abrir tódalas ventanas,

coa escravitude acabar!

 


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 9

Ano: 2000