Lela:

 

Están as nubes chorando

por un amor que morreu.

Están as rúas molladas

de tanto como choveu. (bis)

 

Lela, Lela,

Leliña por quen eu morro,

quero mirarme

nas meniñas dos teus ollos.

 

Non me deixes

e ten compaixón de min.

Sen ti non podo,

sen ti non podo vivir.

 

Dáme alento das túas palabras,

dáme celme do teu corazón,

dáme lume das túas miradas,

dáme vida co teu dulce amor. (bis)

 

Lela, Lela,

Leliña por quen eu morro,

quero mirarme

nas meniñas dos teus ollos.

 

Non me deixes

e ten compaixón de min.

Sen ti non podo,

sen ti non podo vivir.


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 2

Ano: 2000