Cantiga do neno da tenda:
Bos Aires ten unha gaita
sobor do Río da Prata
que a toca o vento do norte
coa súa gris boca mollada.
Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda.
Basoira que te basoira,
polvo de estantes e caixas. (Bis)
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseaban
soñando un val imposible
na verde riba da Pampa.
Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga.
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.(Bis)
Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda.
Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga.
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza .(Bis)
¡Triste Ramón de Sismundi!
veira do Río da Prata
viu na tarde amortecida
vermello muro de lama.
Basoira que te basoira
polvo de estantes e caixas. (Bis)
Foise pra beira do río
veira do Río da Prata
sauces e cabalos múos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita.
Non viu o inmenso gaiteiro
coa frolida de alas.
Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda
Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira da auga.
Mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza. (Bis)
Álbum: Longa noite de pedra
Tema: 3
Ano: 2005